Roteiros

Plataforma Montes Do Morrazo‎Roteiro pola protección do monte Gagán

Cartaz do evento

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 10 de maio un novo roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da contorna do monte Gagán, sito entre as parroquias de Santo Tomé de Piñeiro (Marín), Domaio e Meira (Moaña) e San Adrián de Cobres (Vilaboa), e integrado dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, en solo rústico de especial protección de espazos naturais polas NN CC e SS de Planeamento da provincia de Pontevedra.

Etiquetas: 

Roteiro pola protección de Castiñeiras e das sobreiras de As Cavadas

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 1 de febreiro de 2015 un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da senda que vai desde Chan de Castiñeiras até a área natural das sobreiras de As Cavadas, entre os concellos de Marín e Vilaboa, dentro dos espazos naturais de Cotorredondo e dos Montes do Morrazo.
 

Etiquetas: 

Roteiro por Chaves (A velha Aquae Flavia de Hidácio)

O encontro entre todos os participantes será o sábado, 15 de marzo, às 10:00 horas (Horário de Portugal) no Forte de São Francisco (Chaves, Vila Real, PORTUGAL - Ver mapa).

Etiquetas: 

Roteiro en defensa do patrimonio natural, forestal e cultural (MACEIRA-PASTORIZA)

O domingo 16 de xuño, con saída ás 10 da mañá da área recreativa de O Beque (A Fraga), sendo circular con chegada no mesmo lugar ás 13:00 h.
 
Percorrido: Pozo da Maceira, Cruz da Maceira, Pastoriza, Pedra da Pousa, río das Gorgadas, mámoa de Forno das Arcas, A Telleira, monte e capela de San Lourenzo, monte Furcos, Cruz da Maceira, Regadantes, O Beque.

Etiquetas: 
Subscribe to RSS - Roteiros