Eventos

Festival de Cine de Vigo

A edición 2015 do Festival de Cine de Vigo celebrarase do 2 ao 7 de xuño con proxeccións de curtametraxes, longametraxes e videoclips no auditorio do Concello e no museo Marco.
 
Este ano, ademáis da sección oficial, proxectaranse filmes portugueses e brasileiros dentro dunha mostra de cine lusófono. Tamén haberá actividades paralelas consistentes, entre outras, en actuacións musicais e teatrais, cine para nenos, e unha clase maxistral impartida por un guioinista profesional.
 

Etiquetas: 

O "tour" da illa de Ons

O 17 de maio celébrase a segunda carreira pedestre, de 19 quilómetros
Ons acollerá o próximo 17 de maio a segunda edición a Carreira Pedestre á Illa de Ons, unha proba que combina natureza e deporte.
 
O trazado será un auténtico circuíto rompepernas, repleto de subidas e baixadas ao longo de 19 quilómetros, e a inscripción abrirase este fin de semana.
 

Etiquetas: 

AFRICAMPO 2015

O vindeiro domingo 19 de abril ás 12:30h, na praia de Liméns, Cangas, terá lugar o VII AFRICAMPO.
Como xa sabedes, CRISTINA MALVÁREZ (fundadora de Mesturas Danza Africana) comenzou alá polo ano 2009 esta xuntanza para tod@s @s amantes da danza e a percusión africana.
Este ano, non poderemos contar coa súa presenza, mais si continuar co seu legado. Ainda non estando ela presente, a súa enerxía estará con nós, polo que vos convidamos a participar.

Etiquetas: 

Roteiro pola protección do Monte Pornedo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 12 de abril un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do monte Pornedo (coñecido tamén como monte Pituco), sito na parroquia de San Xulián, concello de Marín, e integrado dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo.
O roteiro, primeiro desta primavera, será circular e sairá as 11 da mañá da área recreativa do Pornedo, para chegar ás 14 h., ao mesmo lugar.

Etiquetas: 

Roteiro pola protección do Monte Das Barreiras e A Pereiriña

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 1 de marzo un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da senda que vai desde Chan de Armada até a área natural das sobreiras do Monte das Barreiras e A Pereiriña, entre os concellos de Marín e Vilaboa, dentro dos espazos naturais de Cotorredondo e dos Montes do Morrazo. O roteiro, segundo e último deste inverno, será circular e sairá as 11 da mañá fronte á área forestal de Chan de Armada, para chegar ás 14 h. ao mesmo lugar.

Etiquetas: 

Concerto-Presentación da web "Respeto e Igualdade"

O vindeiro venres, 4 de xullo, a partires das 20h. no Cabiria (Rúa Alfonso XIII, 32 - Vigo)  terá lugar a presentación da páxina web feminista "Respeto e igualdade"

 

Contará coas actuacións de:

ARi Magritte

Cohen

Ben Senmedo

KuKo Jones

(Haberá pinchos)

Etiquetas: 

Pablo Carbonell no Marrucho // BAIONA

PABLO

 
Xoves
ás 23:00
Dentro de 3 días · 24ºC / 19ºC Despexado

·          

 

Ver o mapa
Taberna Marrucho
Rúa da Percibilleira, nº40, 36300 Bayona

·          

Etiquetas: 

Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas na Biblioteca de Redondela

O xoves, 12 de Xuño ás 18:00h, na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela, terá lugar una sesión de contos arrolos, cantos e ladaiñas para nenos de 0 a 3 anos.
 

Etiquetas: 

1º Encontro Mundo Natura en A Cañiza

Do de 4 ao 11 de Xullo terá lugar o 1º Encontro Mundo Natura en A Cañiza
 
A Cañiza é un encontro coa natureza máxica e viva de Galicia, en concreto da comarca do Paradanta, un lugar especial debido á pureza das súas augas e aire. Un encontro para compartir experiencias de alegría, un encontro onde o lecer convértese en apertura, onde a mente e o corazón atópense, un encontro de ambiente grupal con persoas buscando o mesmo que ti.
 

Etiquetas: 

LA ULTIMA PERRA EN CONCERTO

Este venres, 17 de xullo ás 21h no Mirador do Paseo Alfonso XII, actuará "LA ULTMA PERRA".

 
Concertos Paseo de Alfonso XII Vigo:
 
► Xullo:
Venres día 5 -Zamaramandi.
Venres día 12 -Yago Vazquez Trío.
Venres día 19 -La Última Perra.
Venres día 26 -Oscar Avendaño Trío.

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribe to RSS - Eventos