ESTE DOMINGO, ANDAINA POLO ESPAZO SETE CAMIÑOS

A A.C. Almuinha e a comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizamos un roteiro pola zona do Espazo dos Sete Camiños o vindeiro domingo 17 de Marzo, con saída ás 10:00h da Área Recreativa do Monte Pornedo. As persoas interesadas en participar tamén poden presentarse ás 09:45h na Parada de Autobuses de Marín, a carón da Alameda, para dirixirnos en vehículos ao punto de partida.

O MAL TEMPO FAI ESTRAGOS NA FAUNA MARIÑA , DAS COSTAS GALEGAS

Golfiño común (Delphinus delphis) varado na praia do Vilar onte, douscentos metros mais adiante atopamos outro.  

COMUNICADO DE PRENSA

As Furnas é unha asociación sen ánimo de lucro adicada á difusión e á creación de actividades socio-culturais enmarcadas dentro da península do Morrazo.
O foco das nosas actuacións está centrado na Península do Morrazo, prestando un pouco máis de atención a Cangas do Morrazo. Por razóns da facilidade de movilidade dos integrantes actuais da asociación, dentro desta comarca.
Somos e seremos sempre unha asociación apolítica e desvinculada de calquera manifestación relixiosa, non relixiosa. Dado que as nosas actividades están enfocadas cara todo o mundo, sen ningún tipo de distinción, xa sexa sexual, política ou relixiosa, consideramos que as nosas conviccións como asociación, deben ser o máis abertas posíbeis.
Dentro da nosa proposta de actividades, inclúense talleres de manualidades, traballo do coiro, festas, concertos, roteiros e apoio a actividades realizadas por outros colectivos dentro da comarca do Morrazo.
Traballamos na creación de guías de ocio do Morrazo:
Guía de praias do Morrazo.
Guía dos lugares de interese paisaxístico e cultural do Morrazo.
Guía de escalada no Morrazo.
Difusión de lugares de ocio habituais, tales como bares, pubs, salas, discotecas ...
Outra das nosas liñas de actuación é poñer en valor os ricos valores culturais da nosa comarca. Para elo estamos a traballar tamén na creación de guías de información acerca do noso patrimonio, xacementos arqueolóxicos, petroglifos, igrexas e demáis patrimonio histórico e cultural da comarca.
Difusión dos recursos de uso público da comarca, bibliotecas, comedores sociais, etc.
Toda a documentación que vaia adquirindo o colectivo distribuirase abertamente na rede, anunciarase nesta web e distribuiranse baixo licenzas copyleft para unha libre difusión.
En resumo, tratamos de achegar o disfrute da comarca, en tódolos seus sentidos, a todo o mundo, para os que aquí vivimos e para os que nos visitan.
Queremos dar a grazas a tódolos colaboradores ; o mesmo tempo desculpas os que aínda por falla de tempo non os temos postos na paxina WEB (xa que temos xente da directiva que está fora traballando , outra que xa na practica non está na mesma ).Por todo o antes nomeado comunicase a tod@s os interesados/as , que para
o vindeiro ano 2013 , ( no mes de xaneiro) teremos unha nova xuntanza na que están convidad@s , tódalas persoas que
gostan da nosa paxina . A data será enviada a tódolos medios de comunicación , así como os correos
de tod@s , e as redes sociaciais ; nesa xuntanza imos tratar de elexir unha nova directiva ,e falar coa xente que este disposta ( teña tempo) facer mais actividades e deste xeito colaborar coa xente que está sen facer actividades pola falla animo , estres e un longo....etc ,de cousas que a crise axuda a que moita xente este coa moral polo chan.
Sen mais un cordial saúdo .

ATURUXO BUEU // ZULU EN DIRECTO //Reggae forever

ENTROIDO ALDAN .

Unha marabunta de xente de todo Morrazo encheo o pobo ,facendo deste enterro unha festa pra non esquecer.Atá o vindeiro 2013.

http://www.youtube.com/watch?v=z1vgdi823HY&feature=share&list=UUwn7Mq8r8...

CONCERTO EN VIGO

Moita xente de todo o Morrazo neste Surpe-Concerto , mais de Cangas do morrazo como xá vén sendo unha costume.

http://www.youtube.com/watch?v=fYKU2squLMI&feature=share&list=UUwn7Mq8r8...

CONCERTO NA DISCOS-TASCA(REDONDELA)

CONCERTOS NO MORRAZO

A GUITARRA :MARCIÁL VARELA; VÓZ CARLOS FERNANDEZ ; LINCENCIADO EN FILOLOXIA ; EXPROFESÓR DÁ UNIVERSIDADE DÉ VIGO .

http://youtu.be/7yOgQPM4Auc

CONCERTOS NO MORRAZO

CONCERTOS NO MORRAZO

Páxinas

Subscribe to As Furnas RSS