Pop jazz con aroma cubano o sábado 4 de xaneiro no pub TRISKELE de Cangas ás 23:00

CARTAZ DO EVENTO

O pub TRISKELE de Cangas se complace en traer por primeira vez ó Morrazo a ÉDGAR VERO, cantante, comopositor e multiinstrumentista virtuoso do piano nacido en Guantánamo, Cuba, anque leva poucos anos residindo en Galicia, onde estivo traballando como compoñente do grupo CLAXXON, ademáis de acompañar a distintos artistas, producir singles para artistas da escena dance internacional e facer arranxos para orquestas como PANORAMA.

PROPOSTA OCIOSO DEPORTIVA PUBLICITARIA PARA O 31 DE DECEMBRO ÁS 00:00:

CARTAZ DO EVENTO

Se queredes pasar un fin de ano orixinal, duas veces, o 31 de decembro podedes viaxar ó pasado durante unha hora... si... pola diferencia horaria con Portugal. Poñedevos en Tui ou Salvaterra pasado mañá as 23:59 hora española,( 22:59 hora portuguesa)... As 00:00 comedes as uvas, brindades e tal e as 00:05 (23:05 portoghesas), cruzades a ponte até Valença ou Monção e perghuntadess qué hora, día e ano é aló.

Colectivo BerraI CAMPIONATO FUTBOLÍN

CARTAZ DO EVENTO

Este Nadal queremos organizar algo distinto, un campionato de futbolín. 

A inscrición é gratuíta, só tes que poñerte en contacto connosco a través do correo electrónico berrafutbolin@gmail.com ou do número de teléfono 670 458 035.

Haberá premios para as cinco primeiras parellas da clasificación.

Festa hortera 2014 e 15 aniversario da Cova - 5 de xaneiro 2014

CARTAZ DO EVENTO

   
Domingo, 5 de Xaneiro de 2014
   as 21:00 , Este vindeiro 5 de xaneiro non te perdas a Festa Hortera 2014 pola autoxestión na Cova dos Ratos. Ademais imos celebrar os 15 anos do centro social... Pode haber mellor maneira para comezar o ano? Como di Ana Kiro: "esmorga hortera pola autoxestión? Eu non ma perdo!!!"

Durante a noite máis hortera do ano no local haberá:

III Obradoiro de cociña vegana nno C.S.A. a Cova dos Ratos

CARTAZ DO EVENTO

C.S.A. a Cova dos Ratos rúa Romil nº3 (baixo), Vigo-Gz

· 

 

 

O vindeiro sábado 28 de decembro, ás 10:30h, terá lugar o 3º obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova Dos Ratos. Neste novo obradoiro aprenderemos a facer:

- Tortilla de patacas.
- Lasaña de verduriñas con ensalada de froitos secos.
- Biscoito de cenoria.

Xantar popular – Santuario de animais Mino Valley

CARTAZ DO EVENTO


Sábado, 30 de Novembro de 2013

o   

14:00

 

 

C.S.A. a Cova dos Ratos rúa Romil nº 3 (baixo) Vigo

· 

 

 

VI FESTIVAL VENTOROCK // Ventosela (Redondela, Galicia).

CARTAZ DO EVENTO

 

Xa estamos aquí outro ano máis ventorockeir@s, e xa van seis, para presentarvos o programa completo do Festival Ventorock 2013, que este ano terá lugar o sábado 23 de novembro en Ventosela (Redondela, Galicia).

Esta edición estará cargadiña de novidades de todo tipo que esperamos que lle gusten á xente e supoñan un avance para o festival.

Concerto de Dr. SwingLove na Cova dos Ratos

O venres 22 de novembro, a partires das 21:30h, no C.S.A. a Cova dos Ratos terá lugar o concerto de Dr. SwingLove.
A entrada é de balde, mais haberá un bote de colaboraciós para xs musicxs.
Non podes faltar!!!…. e larga vida a autoxestión!!!

Ligazóns de interese:

[1] http://youtu.be/UY3yw4Bes1o

[2] http://davidregueiro.com/drswinglove/

Etiquetas: 

Cea solidaria – revista Abordaxe

CARTAZ DO EVENTO

O vindeiro venres 8 de novembro, ás 21:00h, contaremos no centro social cunha cea solidaria vegana en apoio a revista e publicación virtual Abordaxe, co fin de recadar fondos para o novo número que sairá á rúa en pouco tempo. Ademais contaremos, a partires das 22:00h, coa colaboración, música e ledicia do dueto ”Gelsomina meno un quarto”, chegadas da Italia pero xa afincada na Galiza dende hai tempo.

Achégate a desfrutar dunha cea solidaria vegana para a revista Abordaxe. Agardámoste!

!! BLACK STONES EN CONCERTO !! ( Fábrica de Chocolate en Vigo )

CARTAZ DO GRUPO

o   
Sábado

22:30

 

Posibilidades de choiva 14ºC / 11ºC

 

Páxinas

Subscribe to As Furnas RSS