Propostas para a seguinte reunión

Definir As Furnas como asociación pro-ecoloxista:

  • Comprometernos a respeitar o medio ambiente nas nosas actividades.
  • Difundir o espírito de respeito ó medio ambiente, Reducir, Reutilizar e Reciclar.
  • Recollida a domicilio de PCs dos que a xente desexe desfacerse. Empregalo para montar e repartir PCs de segunda man á xente que os requira.
  • Colaboración cos grupos ecoloxistas do Morrazo.
  • Mantemento da asociación sostíbel, minimizar papelería e maximizar soportes renovábeis, coma os informáticos.

 

Actividades:

  • Taller de instalación i emprego de Software Libre.
  • Taller de fotografía aplicada.
  • Crear un espazo de troco na rede similar ó VigoTroca, pero centrado no Morrazo.
  • Xeración de enerxía limpa, taller de creación de aeroxeradores (muíños de vento) e placas fotovoltaicas co seu respectivo controlador de corrente.
Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.