O temporal non concede unha tregua

Porto da GUARDIA

Mañá haberá alerta laranxa no mar por olas de ata sete e amarela en toda Galicia por fortes choivas
O TEMPO
Consulta a previsión
O temporal segue sen dar tregua e outra xornada máis provocará olas de ata sete metros na Coruña e Pontevedra e fortes choivas na provincia de Ourense.
De feito, tanto no interior de Pontevedra como no sur e noroeste de Ourense rexistraranse este domingo abundantes precipitacións, superando os 80 litros por metro cadrado en 12 horas, o que supón unha situación de alerta laranxa.
Pola súa banda, o litoral de Pontevedra; a zona do Miño nesta provincia; o suroeste, oeste e interior da Coruña; e as montañas de Lugo e Ourense rexistrarán entre 40 e 80 litros por metro cadrado en 12 horas, o que supón unha situación de alerta amarela.
No que respecta aos ventos no mar, estes serán do suroeste e de forza sete e oito. En concreto, o litoral da Coruña sufrirá ventos de forza oito, mentres que a Mariña lucense e o litoral de Pontevedra, sete.
Pola súa banda, as olas alcanzarán nos litorales da Coruña e Pontevedra os sete metros. En cambio, prevese que na Mariña lucense non excedan os seis e que, a partir das 18,00 horas, baixen aos cinco.
No que incumbe ás fortes ráfagas de vento que rexistrará Galicia, estas terán lugar na provincia de Pontevedra, noroeste e sur de Ourense e montaña de Lugo e de Ourense. En concreto, as ráfagas serán superiores aos 90-100 quilómetros por hora nestes sitios.

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.