CANGAS VELLA ORGANIZA A “I ROMARÍA ZOMBIE”-

Cartaz do evento

·          

·          

UN EVENTO QUE QUE SE ORGANIZARÁ O 30 DE OUTUBRO E QUE TEN COMO CITA DE ARRANQUE AS 20:00 H DENDE O EMBLEMÁTICO RELOXIO DA ALAMEDA VELLA.

Venres 30, de outubro, 20:00 H.

Esa é a hora anunciada na que as oito badaladas servirán como pistoletazo de saída para que os mortos vivintes saían dos seus cadaleitos e invadan a vila canguesa como noutrora o fixeron os berberiscos.

A esa mesma hora, e no entorno do emblemático Reloxio Modernista da Alameda Vella, hai convocada a primeira ROMERÍA ZOMBIE organizada por Cangas Vella, un evento que tomando como marco de inspiración as ZOMBIEWALKS que percorren infinidade de cidades do mundo, faise eco no Morrazo e escolle Cangas como epicentro da ultratumba.

Alí non faltará detalle, dende música para a ocasión, un equipo de maquilladoras para “zombificar” aos que non se atrevan co látex e as pinturas, sangría da que será mellor non coñecer os ingredientes ou mesmo pinchos que aínda que gardando todas as medidas hixiénicas e de manipulación de alimentos nos farán recordar ás comidas máis suculentas da Familia Addams: pizzas fantasmagóricas, ensaladilla de fango ruso, dedos recén cortadiños, bocadillitos de lombrices ou outras "delicathessen" culinarias.

Cando as cousas estén quentiñas, dentro do quente que pode estar un/ha zombie, procederase á lectura do pregón, que correrá por conta dun particular mestre de cerimonias, un zombificado, Nelson Quinteiro, quen a modo de pesadelo de antes do nadal animará aos zombies presentes a comportarse como tal e a emprender unha marcha que, percorrendo as principais rúas da vila parará de bar en bar na procura de cerebros frescos.
Neste "vía crucis zombie" non faltarán as sorpresas, como algunha queimada, con conxuro e mais esconxuro para contactar coas enerxías do alén.

Convidámosvos, logo, a vires con nós e participar desta particular “Santa Compaña” zombie.
Vale todo! 
Dende Frankesteins a Draculines, Morticias ou Elviras, Marilyn Mansons ou Splipknots, Lady Gagas enfundadas en bistés de tenreira galega a clones de Michael Jackson e o seu thriller. Membros da Familia Addams ou do Rocky Horror Picture Show, Paiasos Satánicos, Bonecos Diabólicos, Freddys Kruegger, Nenas do Exorcista ou personaxes das películas de Tim Burton (Sleepy Hollow, Eduardo Manostijeras, BeetleJuice, Sweeney Tood....)
Os máis actualizados poden caracterizarse como os malos da película “Regression” de Amenábar.
A imaxinación non ten cancelas!
Haberá premios para os zombies máis orixinais!!!!

O obxectivo é pasalo ben, lembrar que como na canción de Mecano "Los muertos aquí lo pasamos muy bien" e desfrutar dun dos movementos máis atolemiados da cultura popular contemporánea, o fenómeno zombie.

Se queres reservar praza para ser maquillado polo siniestro equipo de maquilladoras que se darán cita para o evento, podedes chamar ao 693 43 47 56 (Fani) e daranvos cita para convertirvos en zombies polo módico prezo de 5 € / persoa. 

ZOMBIFÍCATE! HAS PASALO DE MORTE!

 

Venres, 30 de Outubro
ás 20:00
Vindeira semana · 19ºC / 11ºC Choiva

·          

 

Ver o mapa
Cangas, Galicia, Spain

 

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.