A música de U2 chega ao Auditorio

Variada e de calidade, sempre co teatro como referencia, a programación do Auditorio de Cangas do último trimestre atende a moitas actividades solidarias e arríscase cun experimento que traerá a música do grupo irlandés "U2", a través de "U2 Live Experience" a este Auditorio o 12 de decembro.

A programación do Auditorio Municipal de Cangas empeza o próximo día 19 cun festival solidario e termina o 19 de decembro co Festival de Nadal. Son tres meses nos que todos os fins de semana haberá un ou dous espectáculos e onde aparecen como estrelas "U2 Live Experience Tour History Show". Trátase dun grupo que ten a licenza para levar ao escenario a música do lendario grupo irlandés. Este espectáculo musical se programa para as 21.00 hora do día 12 de decembro e será toda unha experiencia comprobar como soa a música de U2 nun Auditorio como o de Cangas. Tamén con sabor británico, o Auditorio programou para o día 28 de setembro o encontro de corais "Lestonnac", de Cangas; "Meibion Llangwn", de Gales; e "Lembranzas da Ría". Nas súas vodas de prata coa escena, o actor e director de teatro Celso Parada regresa os días 11 e 12 de outubro coa obra "Diálogo do can co seu amo sobre a necesidade de morderlle aos amigos". Unha comedia que representa o "Teatro de Morcego" e cuxa entrada valerá 8 euros. Para o día 19 de setembro, ás 19.00 horas programouse "A bóla Máxica", un musical infantil no de cada entrada doarase un euro a Unicef. Para o día 4 de outubro, o que foi pregoeiro en Darbo, Evaristo Calvo trae a Cangas a súa obra de humor "Dá Vinci tiña razón". O día 17 a compañía de teatro afeccionado "Os fillos do Capitán Nemo presentan a obra "Totus Locus" e o Teatro do Morcego volverá os días 18 e 19 coas obra "O Lazarillo de Tormes" e "Misterio Cómico". Robert Bodegas estará o día 25 de outubro e o 1 de novembro a compañía O calello do gato presenta "Sementes de Cardamomo". Para o sábado, 18 de novembro, está previsto o III Encontro de Corais. O 28 de novembro é o festival solidario da Danza Maite Quiñones, ao día seguinte outro espectáculo solidario, o festival de Cáritas e para día 14 de decembro a compañía "Teatro do Norte, presenta a obra de Ibsen "Casa de Bonecas".
 
Fonte: Faro de Vigo

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.