Pablo Carbonell no Marrucho // BAIONA

PABLO

 
Xoves
ás 23:00
Dentro de 3 días · 24ºC / 19ºC Despexado

·          

 

Ver o mapa
Taberna Marrucho
Rúa da Percibilleira, nº40, 36300 Bayona

·          

 

 

Pablo Carbonell visita Baiona este Xoves. Ofrecerá un concerto-monólogo na Taberna Marrucho. As entradas xa están á venda na propia taberna a 8 € a anticipada e 10€ en taquilla. Recomendamos mercar anticipada pois o aforo é limitado.

Pablo Carbonell criouse na cidade de Huelva. A principios dos anos 80 formou un dúo xunto con Pedro Reyes en Madrid. Ambos os dous participaron no programa La Bola de Cristal.

No ano 1985 formou o grupo de música Los Toreros Muertos (con Many Moure e Guillermo Piccolini) ata o ano 1992, con cancións tan coñecidas como "Mi agüita amarilla".

Despois desta época comeza a colaborar con El Gran Wyoming en programas de televisión como La noche se mueve, El peor programa de la semana, ou o popular Caiga quien caiga, no que facía de reporteiro saíndo á rúa e poñendo ós políticos sempre en difíciles encrucilladas cas súas inoportunas preguntas.
 

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.