Camarada Nimoy chega ao Salvaxe de Ordes o 19 de abril co seu artefacto sonoro

 O Salvaxe acolle o vindeiro sábado 19 de abril o concerto de Camarada Nimoy aa 23:30h. As súas frecuencias sonoras fundidas coa proposta visual da banda levarannos de viaxe desde Ordes até unha república ideal fundada na galaxia exterior. A entrada para o concerto da Salvaxe ten un prezo popular de 3 euros.
 
A banda de Vigo está traballando xa no seu novo disco en vinilo tras agotar unha tiraxe que saía á venda o pasado setembro. Camarada Nimoy xorde en 2012 da necesidade expresiva dos seus integrantes Pablo Muñiz ao baixo, Gontxu Muiños a guitarra electrica, Diego de Luis batería, e Paulo Pascual, guitarra eléctrica e theremin. Esa necesidade materializouse a modo de frecuencias sonoras utilizando a linguaxe musical e os recursos que coñecían. Unha proposta instrumental que funciona como banda sonora das imaxes que proxectan en cada concerto. "Cando arrancamos sabiamos que a nosa é unha proposta arriscada, noutros xeneros está xa asimilada a autonomía da música sen unha voz solista, no jazz, no swing, no surf… no rock até agora non tanto, pero funciona perfectamente. Tras o concerto de presentación do vinilo en Compostela no Zona C, tanto Unicornibot coma nós, falamos da impresionante acollida do publico (entradas esgotadas e moitos discos vendidos polas dúas bandas) nun concerto de dous grupos totalmente instrumentais. Ver a xente como o pasaba de medo foi como unha confirmación", contan.
 
O uso do theremin, as guitarras surf horror, harmonías balcánicas mesturadas con lounge ou space age pop forman parte dun cóctel que serven dun xeito espontáneo, e natural. Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos (o quinto membro é Jesús Tejada, ao mando dos disparos visuais) cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles
 
Para escoitalos, carrega aquí

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.