O millo corvo non falta a súa cita

A Asociación Cultural Meiro organiza do 28 ao 30 de marzo os XVI Encontros
Non haberá un multitudinario encontro degustación como en ocasións anteriores, pero o millo corvo segue a ser un dos signos identitarios da aldea de Meiro. A vindeira fin de semana organízase unha nova edición dos encontros e haberá charlas, obradoiros, música... e a imprescindible muíñada.
 
A Asociación Cultural Meiro mantén o seu encomiable esforzo para conservar aceso o facho deste cultivo tradicional. As actividades comezarán o venres e como é habitual o primeiro escenario estará no Canudo, onde están algúns dos muíños de auga restaurados no municipio. Un deles, o da Presa, sufriu este inverno os embates dos constantes temporais e sobre el caeron varios eucaliptos. A Brigada de Obras e Servizos concluiu esta semana a restauración do muíño e o venres terá lugar a tradicional muiñada. Serán os prolegómenos dunha fin de semana cargada de conferencias e presentacións dentro dos XVI Encontros co Millo Corvo.
O sábado haberá actividades durante todo o día e comenzarán ás 11.00 horas coa presentación de libro "Manual de cociña bellotera", de César Lema. Ás 12.00 horas será o turno de Ruth Fernández, que impartirá un obradoiro para explicar a elaboración da pasta de Kamut e de pans curativos". A programación matinal do sábado aínda incluirá unha nova charla, está vez centrada na sabedoría popular dos antergos e nos remedios tradicionais e que se vai celebrar ao redor das 13.00 horas. Pola tarde haberá un novo obradoiro, que en esta ocasión vaise centrar na nutrición da pel e que se vai encargar de impartir Rosana Portela, e unha charla de Enrique Banet baixo o título de "Medicina ayurvédica". A programación do sábado conclúe cunha actuación musical dun grupo tradicional e que será a partir das 21.00 horas.
Xornada dominical: Estes Encontros con Millo Corvo rematarán na xornada do domingo 30 de marzo. A partir das 10.00 horas haberá un roteiro guiado no que César Lema falará aos asistentes sobre as plantas silvestres comestibles e as súas propiedades. Ás 11.00 horas está prevista unha charla coa presenza de Carlos Sánchez, que falará sobre as terapias naturais e a "autoxestión" da saúde. O último dos ponentes será Josep Pamiés, autor do libro "La dulce revolución" e que impartirá unha conferencia titulada "Alternativas naturales: plantas para alimentarnos, plantas para curarnos". O remate destas xornadas será a partir das 14.00 horas cunha nova actuación musical.
Fonte: Faro de Vigo

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.