Zamaramandi en concerto

Sábado, 5 de Abril ás 22:30h, na sala Karma, primeiro concerto de Zamaramandi na cidade de Pontevedra.

Alí presentaravos temas inéditos, que forman parte do seu primeiro disco, a poucas semanas de saír á luz. Reggae con ritmos profundos e trivais, cheo de harmonías que acariñan o jazz con letras de rebeldía social. Non volo perdades!!

Zamaramandi xorde como un proxecto musical na cidade de Vigo en 2008. Nos seus inicios, crean un repertorio orientado cara a un son clásico do Reggae dos '70. En 2009 son gañadores do "V Concurso Galego de Reggae" e participan na final ibérica do concurso "European Reggae Contest".
Na súa traxectoria comparten cartel con bandas como Fully Fullwood´s Band, integrada por auténticas lendas vivas do Reggae, e ofrecen espectáculos en salas e festivais dentro e fóra de Galicia.
O son desta primeira etapa queda rexistrado en 2010 coa grabación do single "Are We Free", co productor Roberto Sánchez. Tras un período no que traballan como banda de acompañamento de representantes galegos do Reggae e de artistas como Benjammin', a finais de 2011 deciden dar un paso máis na exploración do Reggae. Iníciase a creación dun novo repertorio, cargado de harmonías e melodías moito máis ricas e próximas ao Jazz, que aportan unha perspectiva actual ao Reggae sen deixar atrás a raíz do estilo. O traballo "Demo" autoproducido pola banda no seu estudo é representativo das inquietudes de Zamaramandi, que busca ampliar as fronteiras musicais do Reggae. participaron no festival Minho Reggae Splash de 2013 como banda de acompañamento de Roberto Sánchez e Alpheus.
Na actualidade, a banda está centrada en lanzar o seu primeiro disco, producido por Roberto Sánchez. Gravado nos estudos A-Lone Ark Muzik de Santander e en Muu! Estudos en Vigo, trátase dun disco que pretende mostrar un son novo e persoal. TRABALLOS DESTACADOS Publicación do tema autoproducido "Movemento Rasta", Abril 2009. Gañadores do V Concurso Galego de Reggae, Maio 2009. Participación na final ibérica do European Reggae Contest, Xuño 2009. Publicación do tema "Are We Free", producido nos estudos A-LONE ARK MUZIK de Roberto Sánchez, Febreiro-Maio 2010. Participación no I Minho Reggae Splash 2010 Backing Band con Benjammin, Decembro 2010. Demo EP autoproducido en Muu Estudos, Decembro 2011 Finalistas do European *Reggae Contest en Barcelona, Maio 2012. Backing Band con Roberto Sánchez e con Alpheus no IV Minho Reggae Splash, Setembro 2013. Grabación do seu primeiro disco, producido por Roberto Sánchez, Xaneiro 2014 Verkami

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.