A navalla das Cíes xa ten a súa festa gastronómica

Celebrarase en Cangas os días 28, 29 e 30 de marzo.
 
A presentación, onte na Lonxa da vila, onde é un dos productos estrela
 
Esta festa gastronómica ten coma finalidade exaltar un dos produtos marítimos máis característicos da vila, que xunto co percebe conforman o 50% da recadación da Lonxa de Cangas. En concreto o pasado ano recolléronse máis de 65.000 quilos de navalla e se facturaron case 500.000 euros. En total 25 veciños do municipio se dedican á recollida da Navalla das Cíes.
 
Ademais da súa calidade cabe salientar que a navalla canguesa posúe o distintivo de “Navalla das Cíes” que garante o cumprimento dunha serie de requisitos de captura, manipulación e comercialización. Captúrase mediante a técnica de mergullo a pulmón o cal fai a súa explotación sostible.
 
En total 20 establecementos hostaleiros de todo o concello participarán neste evento culinario. A tapería O Portujés, a tapería O Chinchorro, o restaurante Anuska, a tapería Aliño, a taberna O Arco, a taberna El Jabuguito, o restaurante Cabo Home, o restaurante Casa Macillos, a tapería O Pélao, o restaurante Sol Poniente, a taberna Pandemillo, o restaurante El Cortijo, o restaurante Tía Brígida, conservas Artemar, a taberna Guimeráns, o restaurante Il Popolo, a tapería Luscofusco, a tapería O Faro, a taberna Dos Chata e o meso O Batel ofrecerán racións de navalla á prancha a prezos especiais. Media ración terá un custe de 5 euros, unha ración enteira ( 12 unidades) 9 euros. Media ración de navallas acompañada dunha copa de Lagar de Cervera servirase por 6.80 euros e unha ración de navallas cunha botella de Lagar de Cervera custará 19.00 euros. A botella deste viño costa con motivo desta celebración 10,00 euros.
 
Esta festa gastronómica nace de mans dos hostaleiros locais en colaboración coa Confraría de Pescadores San Xosé e o Concello de Cangas coa finalidade de exaltar e dar a coñecer a Navalla das Cíes.
 
Fonte: Atlántico Diario

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.