Enterro do Mexilón 2014

Fin de Festa do Entroido no pobo de Aldán (ver mapa) con un dos mellores de Galiza, como moita xente con gañas de pasar un bo día e o mellor para agar as penas.
 
Todo dará comezo coa saída da comitiva ás 16:30/17:00H, dende o Cruce de Carballiños (cerca da Rotonda - Fin do Corredor do Morrazo), pra logo chegar ao peirao de Aldán, donde se lle dará a despedida ata o vindeiro ano ó Mexilón.
 
A organización do Entroido de Aldán terá preparados mexilóns, viño e pan a prezos populares.
 
Non esquezades que o vernes, 07 de marzo a partir das 22 horas, terá lugar o VIII Festival de Murgas, e despois o Velatorio do Mexilón.
 
No vos perdades esta festa festa para despedir ó Entroido 2014

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.