Presentación do libro disco TAMBO (CD + DVD)

O sábado, 8 de marzo, ás 12 horas, celébrase, en Andel Libraría, na Avda. Camelias, 102- Vigo (ver mapa) a presentación do libro disco TAMBO (CD + DVD), de Laura García Ferro e Víctor A. Castro Martínez.

Participarán Laura García Ferro (autora),  Víctor Alfonso Castro Martínez, (autor, guitarra acústica e voz, e Montse Ogando Suarez (voz).

Neste evento haberá:

- Narración do conto central de Tambo, cantando 4 ou 5 cantigas a medida que aparecen na historia

- Proxección dunha coreografía

- Proxección dun stop motion con karaoke

- Breve presentación do proxecto: cómo xurdiu, colaboracións, contido, etc

O acto rematará coa asinatura de exemplares

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.