"Pegadas" en Santiago

"PEGADAS" interpretada por Casilda Alfaro no Salón Teatro de Santiago. 6 e 7 de Febreiro ás 20:30 h.

 

“Son pegadas que foron quedando e ao tempo foron mudando a súa face”

“É, se cadra, unha ollada cara atrás, ou, talvez, unha parada para a reflexión, para facer balance, para facer unha análise do que queda, do pouso; ou ao mellor é simplemente un repaso de momentos, dalgúns momentos.”

“Seguro que é iso: momentos, só momentos vividos e compartidos. Vividos e tamén perdidos nas horas do tempo non vivido, máis dos que sempre quedan restos, vestixios agachados nalgún punto da memoria; como cando a presada de area esvara por entre os dedos e non queda máis que o apresto das súas formas, ou cando as ondas borran as pegadas na praia e só fica o rumor da area mudada.”

“Cada pegada é o recordo dunha obra, dunha escena, dun personaxe. E de personaxes quero falarlles, dos personaxes que me acompañaron ao longo da miña vida teatral e das pegadas que quedaron na miña memoria e tamén na de vostedes os espectadores.”

“Son mulleres, mulleres e un home, que viviron momentos perdidos nun tempo, máis que non se foron de todo, quedaron sempre as melodías das súas voces e andan anicadas por algún agocho, e ás veces falan así, por sorpresa, para volver ao seu recuncho de seguido”

Actriz: Casilda Alfaro
Música: Anxo Graña
Iluminación: Salvador del Río
Fotografía e deseño: Diego Seixo

Dirección: Etelvino Vázquez

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.