Engadir novo comentario

OBRADOIRO DE CABARET E DAS ARTES Per-Versas

Cartaz do evento

Dado que á nova edición deste obradoiro, e por adaptarnos á vosa dispoñibilidade abrimos a posibilidade de acudir a sesións soltas, envíovos o programa para escoller o que máis se vos antolle, no caso de que desexárades unha selección á carta ou para poñervos os dentes longos do que vos ides perder.
Como vedes cada bloque será abordado de xeito independente e centrado nun aspecto específico do cabaret.
Cada sesión terá un quencemento ad hoc para o traballo que imos realizar, de aproximadamente 60 minutos de duración. A segunda parte da sesión, doutros 60 minutos consistirá en re-visitar coreografías xa compostas para a Compañía Femme Fatale, relacionadas co tema do que estemos a falar. Finalmente haberá unha parte final de creación coreográfica, doutros 60 minutos de duración, de cara á composición de novos materiais coas ferramentas que nos proporcione o mapa de recursos humanos de cada sesión.
Como suporedes, as duracións son permeables, e como xa se sabe nos talleres con Nelson Quinteiro, un sabe cando entra, pero nunca cando sae!
Venres
De 18:00 a 21:00 h
Quencemento: O corpo de cara ao cabaret
TEMÁTICA: Actitude. Danza Jazz
Montaxe: All That Jazz (Unha cadeira para mover o mundo)/All of me (Cabaréncrise)
Nova creación coreográfica: 2 Hearts (Kylie Minogue. Album: X)
Sábado
De 11:00 a 14:00 h
Quencemento. O corpo no teatro de rúa
TEMÁTICA: Impro-Jazz-Cabaret (Cabaret aplicado a rúa na linguaxe da Compañía Femme Fatale)
Montaxe: Happy Blues Feet (V Gala Femme Fatale) Whooping Blues (V Gala Femme Fatale)
Nova creación coreográfica: Tits on the Radio (Scissor Sisters)
De 17:00 a 20:00 h
Quencemento. Chan e técnica contemporánea
TEMÁTICA: Cabaret Contemporáneo.
Montaxe: Love Cames Here (As Nenas Perdidas) Con Toda Palabra (Varadas)
Nova creación coreográfica: Inmortels (Dominique A. Album: La Musique)
Domingo
De 11:00 a 14:00 h
Quencemento.Traballo de cadeira.
TEMÁTICA: Imaxinario sobre cabaret: A cadeira.
Montaxe: Laura (Master Class Cabaret) La Celestina (Varadas)
Nova Creación Coreográfica: Queer (Garbage. Album: Garbage)
Domingo
De 17:00 a 20:00 h
TEMÁTICA: Atmósfera. Posta en escena escénica.
Montaxe: Garçons Perdus (As Nenas Perdidas) + Underwater Love (Lerchas/Lurpias)
Nova Creación Coreográfica: Paralyzed (The Cardigans. Album: Gran Turismo)

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.