Engadir novo comentario

O Festival de Cans busca aires novos para a súa popular mascota

 

A recepción de candidaturas permanecerá aberta ata o día 30 de abril. Poderán participar creadores e creadoras de todas as disciplinas artísticas. O festival, con esta mostra cordinada por Alberto Alcalde, continúa coa súa aposta de aproveitar espazos urbanos para a súa posta en valor tomando nesta edición como referencia a Rúa de San Sebastián de O Porriño

Tralo éxito conseguido nas pasadas edicións e nun intento de que novos creadores e creadoras déanse a coñecer ao mesmo tempo que se reactiva a utilización da arte nos espazos urbanos, o Festival de Cans pon en marcha de novo a Can Parade. Trátase dunha iniciativa na que a silueta do emblema oficial da cita, o Can de Cans, entrégase a novos artistas para o seu rediseño e posterior exposición durante os días do festival.

As persoas interesadas en formar parte da mostra deben remitir un correo electrónico canparade@festivaldecans.com antes do 30 de abril no que manifesten o seu desexo de participar e inclúan os seus datos persoais (incluídas as súas contas en redes sociais, si as teñen), a súa formación e un portafolio, ben sexa imaxe, documento en pdf ou calquera outro formato no que se poidan ver algúns dos seus traballos. Unha comisión de persoas da organización do festival, coordinada por Alberto Alcalde, escollerá as 10 propostas finalistas.

Unha vez feito isto e tras expoñerse todas as siluetas o xoves 21 de maio en O Porriño, o Can gañador será seleccionado polo público asistente á Can Parade. Malia non estar no ánimo da organización que os creadores e creadoras teñan motivacións económicas para participar, o gañador recibirá premio: recoñecemento e visibilidade para o artista gañador e un trofeo feito polo artista local Paco Candán, diseñador tamén do coñecido Can dunha piedraCan de Pedra do festival.

A Asociación Cultural Arela, organizadora do festival, busca dar a coñecer o traballo de artistas e colectivos artísticos emerxentes, sexa cal for a súa disciplina de orixe ao mesmo tempo que se poñen en valor o uso de espazos urbanos que a priori pasan desapercibidos.

(Na foto, as propostas da Can Parade 2014)

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.