Engadir novo comentario

Concerto Amancio Prada en Ribadeo

O vindeiro sábado 21 de febreiro ás 20:30 horas, no Auditorio Muncipal Hernán Naval, actuará Amancio Prada
 
Inéditos e Clásicos:
 
Convosco, Amancio Prada
 

Canto ós homes que morreron en tantas batallas e ninguén falou deles. Canto ós homes que loitan na oscuridade da noite pra facer saír o sol. Son versos do disco Vida e Morte (La Boîte à Musique, Paris, 1974).
Corenta anos. Aquel primeiro Long Play de duas caras, unha en galego, a otra en castelán, contiña o xermen de todo o que viría despois. Por exemplos, duas cancións da poeta a quen dediquei o segundo, Rosalía de Castro (Movieplay, Madrid,1975), que en maio cumprirá tamén corenta. De casi todo fai xa corenta anos, miña naiciña. Bo, dicen que 40 é un número redondo, deixémolo por ahí. E a seguir estudando coa mesma ilusión e empeño cada día. É a vida, a miña vida. Fai anos que non canto en Ribadeo. Creo recordar que a mediados dos 90, cando presentamos alí o Cántico Espiritual na igrexa de Santa María. Esta vez vou cun programa moi diferente: Inéditos e Clásicos. Espero que lles guste. Dedicarei especial atención ás cancións de aqueles dous primeiros discos, pero ademáis de outros "clásicos" como Adiós ríos, Lelia Doura ou A dama e o cabaleiro, cantarei tamén temas inéditos, antigos ou recentes, como as Golondrinas de Bécquer, Una gota de rocío, do tamén romántico Enrique Gil e Carrasco; Suena en Moscú, de Josefina Iturrarán, unha "nena da guerra" cuxa historia xa comentei algunha vez; A tí, de Léo Férré; Hoy no me levanto yo, de Chicho Sánchez Ferlosio e… e xa veremos, porque non todo está escrito. Admítense peticións. Será un recital aberto e acorde co que o público espera, iso espero. Con gañas de asomarme ao Eo, fronterizo como eu, na beira, na beira, na beira do mar... Na mariña oriental.

Venta de entradas online: http://www.codetickets.com/home/ficha-evento.php?id=37507
 

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.