Engadir novo comentario

Presentación da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, convoca a todas as persoas interesadas a asistir este venres, 23 de xaneiro, ás 20:30 horas, á presentación da mesma nunha asemblea aberta que ten por obxecto darse a coñecer e dar a coñecer os seus obxectivos e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Municipal (Multiusos da Xunqueira).

Na reunión tratarase así mesmo sobre a elección do candidato a presentar pola asociación a "Persoeiro do ano 2015".

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela é unha iniciativa dun grupo de usuarios co obxectivo de promover o labor destas e as súas actividades así como achegar a cultura e, máis especificamente a lectura, á cidadanía.
PUBLICACIÓNS
Novas

Que é a "Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela"?

Un grupo de usuarios constituíu a "Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela" co obxectivo de apoiar e promocionar o labor das devanditas bibliotecas e as súas actividades, así como achegar a cultura e a lectura á cidadanía. Esta agrupación desexa chegar a todas aquelas persoas anónimas e institucións que aman a lectura e as bibliotecas.
Presidida por Mercedes Méndez, a creación desta iniciativa sen ánimo de lucro remóntase a hai uns meses, cando un conxunto de usuarios que acudía de forma habitual aos clubs de lectura das bibliotecas, entendían que era necesario unha asociación deste tipo para dar a coñecer e impulsar o seu labor así como apoiar o desenvolvemento das actividades culturais das mesmas incentivando novas iniciativas.

"Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela" constituíuse como asociación no mes de outubro con seis membros na súa xunta directiva, da que forman parte, xunto a Mercedes Méndez, Mª Dolores Daviña -vicepresidenta-, Marta Rodríguez-secretaria- e David Faro, tesoureiro.
 

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.