Engadir novo comentario

As Illas Cíes ofrecen unha viaxe no tempo o 14 de febrero

A Xunta estrea as rutas guiadas de inverno con cinco saídas aos catro arquipélagos
 
 
Unha viaxe no tempo é a proposta que ofrece o parque nacional das Illas Atlánticas para o próximo día 14 de febreiro: unha viaxe ás Illas Cíes nas que os visitantes coñecerán aspectos novedosos deste espazo natural.
É a primeira ruta guiada do inverno que organiza a Consellería de Medio Ambiente, pero haberá máis visitas en febreiro e marzo e non só a Cíes senón tamén ao resto dos arquipélagos, a Ons,a Sálvora e a Cortegada.
Este programa de rutas guiadas celébrase por segundo ano consecutivo e na súa primeira edición lograra encher en pouco tempo polo interese que esperta o parque, pola oportunidade de ir fóra da tempada de verán e tamén porque son poucas prazas. Os visitantes só pagan o transporte, a un custo menor que en tempada alta (10 euros por persoa).
No caso concreto de ?Unha viaxe no tempo? ofertaranse 40 prazas e os interesados deben inscribirse antes do 10 de febreiro. 
A saída do porto de Vigo está prevista ás 10:30 da mañá para chegar ás 18:00 horas da tarde, logo de participar nunha ruta lineal de 2,6 quilómetros de percorrido na que escoitarán as explicacións dos guías.
?Unha das cousas que máis chaman a atención aos visitantes que veñen no inverno é a soidade que hai, con moitas árbores sen horas, sen ruído de gaviotas, é moi distinto, explica o director-conservador do parque, José Antonio Fernández Bouzas.
En total están programadas cinco rutas: ademais da visita a Cíes, o día 22 de febreiro hai unha saída a Sálvora que se mostrará como unha ?illa de esculturas e lendas?, o 7 de marzo a Ons onde se falará das illas de nomes, mentres que en marzo hai dúas saídas a Sálvora, os días 5 e 15 dese mes, onde se falará do ?segredo dun bosque de mar?. As soliciutdes pódense descargar na web do parque nacional e débense presentar no correo guias.iatlanticas@xunta.é ou no propio centro de visitantes do edificio Cambón.
A excursión, que podería aprazarse no caso de que as condicións meteorolóxicas fosen adversas, está pensada para persoas maiores de 12 anos.

Fonte // Atlantico Diario

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.