Engadir novo comentario

Presentación do disco "Orquesta Gharbo"

O vindeiro domingo 25 de xaneiro ás 21:h., Nelson Quinteiro fará a presentación do disco "Orquesta Gharbo!" na sala Aturuxo de Bueu
Presenta unha nova formación en SEXTETO na que ademais de Álex Lorenzo (guitarra, pedais, coros) e Ólivier Cano (traveseira, saxo), o músico cangués farase acompañar do Trío Caspervek formado por Brais González Pérez (Piano) Eduards Vecbaštiks (Violín) Blas Castañer Ibáñez (Percusión).

O resultado desta xuntanza, da que xa puidemos ter un adianto no Auditorio Municipal de Ourense o día 18 de decembro do pasado ano é un son envolvente e delicado que empaca os temas de Nelson Quinteiro dun xeito novo e moi interesante.
IMPERDIBLE!
 
► PREZO DAS LOCALIDADES: 6 € (5 € anticipada)
► ENTRADA + DISCO "Orquesta Gharbo!": 10 €
 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.