Engadir novo comentario

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato transfondo ecolóxico.

SIPNOSE:

Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel.
Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614.
O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.

Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores.

É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe:
Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!

Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!

Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila

Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso

Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso

Deseño iluminación: Nelson Quinteiro

Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso

Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso

Espectáculo en lingua galega: Si

Outros idiomas: Castelán e Inglés

Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)

VINDEIRAS FUNCIÓNS

Venres 26 de decembro. CANGAS. Salasón
Sábado 27 de decembro. CANGAS. Salasón
 

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.