Engadir novo comentario

>
> A asociación socio-cultural sen ánimo de lucro As Furnas, aproveita a excedencia de roupa das súas xornadas de troco, para facer a doazón desta á Amigos do Pobo Saharaui, concretamente á súa sede de Bueu.
>
> As Furnas, leva facendo dende os seus inicios, mercadiños de troco. E dada a opulencia da nosa sociedade, a roupa é o artigo que máis acumulamos nos nosos fogares, e polo tanto, tamén o artigo que máis se recolle nos mercadiños de troco.
>
> Aproveitamos a excedencia de roupa provinte dos nosos mercadiños de troco para facer esta doazón a Amigos do Pobo Saharaui. Para que así, estas prendas teñan unha segunda vida e sirvan para outras persoas.
>
>
> Un cordial saúdo da asociación As Furnas.
>
> PD: Proximamente farase un novo mercadiño de troco no concello de Moaña.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.