Engadir novo comentario

Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas na Biblioteca de Redondela

O xoves, 12 de Xuño ás 18:00h, na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela, terá lugar una sesión de contos arrolos, cantos e ladaiñas para nenos de 0 a 3 anos.
 
Trátase dunha sesión na que os participantes escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades, historias que falan de cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para esta función. As cores, as formas, os sons, o xogo e o ritmo conforman o seu eixo. Esta sesión vai dirixida aos bebés que poderán seguila dende o colo da súa nai, pai ou adulto que os acompañe e tamén a calquera cativo de até 3 anos que poderá gozar igualmente destas pequenas historias e xogos.
 
Gratuito. Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Municipal (Tfno. 986 40 15 61)
 
Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
PAVÍS PAVÓS formouse como grupo de contadores de historias para público infantil no ano 1996 en Pontevedra. Traballa principalmente en Galicia con contos en galego e tratando de recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios da nosa tradición. Outra das frontes nas que Pavís Pavós centra o seu traballo é na investigación e recuperación das formas orixinais dos contos clásicos. Nas últimas décadas os contos sufriron variacións argumentais debido a erróneas interpretacións, ou a intereses comerciais á hora de adaptar contos tradicionais a formatos audiovisuais. Estes erros desvirtúan a esencia das historias e a estrutura tradicional e circular dos contos. O traballo de Pavís Pavós é buscar as fontes e recuperar as versións orixinais para que non desaparezan e conseguir que os rapaces experimenten o magnífico torrente de sensacións cunha boa historia pode desencadear. Ademais de contos tradicionais, Pavís Pavós tamén inclúe nos seus espectáculos contos de nova creación e con formatos contemporáneos

 

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.