Engadir novo comentario

Fanse públicas as películas seleccionadas para participar no “III Festival Primavera do Cine”

Dende a Organización destacan a desigualdade de xénero no número de directores e directoras seleccionadas e adiantan que  este ano o Festival Primavera do Cine contará cunha charla debate onde se analizarán as causas en as implicacións da invisibilidade feminina no mundo audiovisual.
 

O Festival Primavera do Cine fai pública a lista de obras seleccionadas (adxunta) para concursar na terceira edición do evento cinematográfico galego que terá luagar entre o 4 e o 8 de xuño na cidade de Vigo.
 
Dun total de case 200 obras recebidas: na categoría de longametraxes foron 7 as producións escollidas para a competencia, entre os que cabe sinalar, por exemplo, ” A pegada dos avós” obra do director Xosé Abad, gañador da segunda edición do Festival Primavera do Cine, ou películas estreadas no Festival de San Sebastián e seleccionadas para participar nalgúns dos festivais de cine máis importantes do mundo, como “El Rayo” de Fran Araújo ou “O pequeno mago” de Roque Cameselle que dan boa mostra da saúde do talento cinematográfico galego moi a pesar da paupérrima situación económica na que se atopa o sector.
 
Na categoría de curtametraxes competirán 14 obras que se proxectarán como ven sendo habitual en tres bloques cunha duración dunha hora aproximadamente. Entre as curtametraxes participantes atópase “3-1=0”  de Juan Galiñanes, gañadora recentemente do Mestre Mateo nesta categoría, ou “Dinosaurios en 3D” de Juan Beiro premiada en Festivais de Italia, Colombia, e España. No Festival primavera do Cine o  público será quen decida cal é a obra que resultará gañadora, manténdose o xurado popular en tódalas categorías.  Completa o Festival Primavera do Cine, a categoría de videoclips na que entrarán a concurso 13 producións.
 
Novamente, este foi un árduo proceso de selección ata completar a progración final, o amplo número de obras presentadas confirman a demanda dun evento coma o Festival Primavera do Cine, e a ilusión e o esforzo de moitos traballadores e traballadoras do audivisual galego, aínda máis salientable nun contexto catastrófico para sacar adiante novos proxectos como o que nos atopamos.
 
Este ano o Festival Primavera do Cine  quere denunciar e facer un chamado público á atención sobre un tema prioritario no sector audiovisual, a discriminación de xénero ou machismo  que é transversal a todas e cada unha das problemáticas que aqueixan ao sector. Dende a organización do evento consideran salientable e moi preocupante a discriminación de xénero presente dende os contidos audiovisuais ata os diferentes niveis da creación así como a invisibilidade do traballo das mulleres no mundo audiovisual. Coma exemplo denotan que, na selección definitiva de obras a concurso, o número de directores é moi superior ao de directoras. As causas e implicacións desta situación desigual trataranse nunha charla debate específica sobre a realidade de xénero no audiovisual que se celebrará o día 3 no Salón de Actos do Marco (Museo de arte contemporánea).
 
Por último, dende o Festival Primavera do Cine animan aos amantes do cine a visitar o crowdfunding, método de finaciación colaborativa, que a organización abrirá esta semana na web: verkamin.com. No contexto actual é preciso innovar á hora de buscar financiación, aínda que dende a organización “entenden o crowfunding como unha tenda virtual onde adquirir produtos do Festival Primavera do Cine, como entradas ou camisolas, a un prezo privilexiado por telo comprado a través de internet”. Haberá quen se convirta nun “mecenas de Primavera do Cine” dende 5 euros.
 
Acceder a verkamin.com é un dos xeitos de mercar bonos de 10 entradas a prezo reducido e aínda ser recompensado cun agasallo pola confianza depositada no Festival Primavera do Cine.
 
Dende a organización “tiran a casa pola ventana” nesta edición, xa que se pode obter unha beca para realizar de xeito gratuíto un laboratorio de formación audiovisual no próximo curso ou, incluso, unha fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas persoas.

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.