Engadir novo comentario

A maternidade na vida real: presentación do cómic "Vida de nai", na Biblioteca de Chapela

CARTAZ DO EVENTO

 
Martes, 29 de Abril
at 20:00 - 21:00

 

 

Biblioteca de Chapela

 
 
A editora Gemma Sesar, corresponsable do anovador proxecto El Patito Editorial, achegarase á Biblioteca de Chapela o vindeiro MARTES 29 DE ABRIL ás 20:00 h., para presentar o comic da súa autoría Vida de nai.

O texto do mesmo xurdiu dun blog homónimo que a mesma autora comezou a escribir no ano 2010, como un xeito de liberación ou catarse ante o caos que supuña na súa vida compatibilizar a faceta de nai coa de empresaria en tempos difíciles.

A entrada é libre e gratuita. Contaremos cun espazo de venda, para que os interesados podan adquirir o libro e levalo asinado para a casa.

A presentación encádrase dentro das actividades da VI Semana do Libro: A Festa das Palabras, que estamos a celebrar durante todo este mes as Bibliotecas Municipais de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Máis información:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/04/presentacion-do-comic-vida-de-nai-na.html

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.