Engadir novo comentario

1º ANIVERSARIO DE NOITE FECHADA NO ENCONTRO!!

Xa fai un ano que botaron a andar e fixérono aquí, na súa casa, O Encontro. Agora máis curtidos, experimentados e cun bo carro de concertos ao lombo ao ancho e largo da nosa xeografía volven á cuna natal para dar seguramente o mellor concerto de Noite Fechada ata a fecha.

Para celebrar este primeiro aniño dando guerra traerán novo material para deleite de todos e regalaranse maquetas cos 4 temas xa publicados e outros 4 de nova colleita.

Voará algunha que outra camiseta do grupo ao público e os que quededes sin elas poderedes mercalas a prezo de cubata.

Ademáis, a entrada será de balde, así que non vos podedes perder a mellor carallada de Noite Fechada este venres ás 23:30 no garito de sempre, o Encontro!!
Ver mapa

FESTA RACHADA, CARALLADA E ROCK N'XEBRE !!!

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.