Engadir novo comentario

Directoxove cumpre dez anos - Xuventude abriu o prazo de inscripción

Directoxove cumpre esta edición dez anos. Ao longo deste tempo gañouse o respecto dos grupos e dos afeccionados á música. Os grupos xa poden inscribirse para a edición deste ano.
 
A Concellería de Cultura de Cangas que dirixe José Luís Gestido presentou a programación de concertos do Directoxove 2014, do que se cumpren dez anos. O edil afirma que un ano máis se aposta polos novas promesas no terreo musical ofrecéndolles a oportunidade de participar nun programa deseñado por eles mesmos.

Este certamen de música, que está dirixido a bandas noveles nas que os seus integrantes deben ser menores de 35 anos (polo menos un 60% do total do grupo) abriu xa o prazo de inscripción, que finaliza o próximo día 8 de marzo. Cabo sinalar que teñen preferencia as bandas con integrantes de Cangas. Ao longo destes dez anos de vida, Directoxove ofreceu a oportunidade a 100 formacións, con diferentes estilos musicais: clásica, folk, rock, metal, pop e punk.

Entre as condicións que establece a Concellería de Xuventude figuran as de que o grupo debe ter disponibilidade para realizar un mínimo de dúas actuacións: unha un venres nun dos locais asignados para o efecto e a outra nun festival. O festival final está previsto para o día 21 de xuño, no que participarán 4 ou 5 bandas seleccionadas de entre as que teñan maior participación nos concertos dos venres.

Os representantes do grupo ou a persoa na que delegue deberán acudir ás reunións que se realicen, de non ser así a Concellalía entende que asumen os acordos alcanzados. Nos concertos cobrarase unha entrada cun prezo de tres euros e a recaudación íntegra será para o grupo, que terá dereito a gravar un tema dunha duración máximo de 6 minutos, que se incluirá nun CD recopilatorio promocional que se edita. O grupo permitirá á organización a difusión do datos do grupo. para a publicidade e promoción do evento e do grupo.

Ao longo destes dez anos de vida, Directoxove conseguiu gañarse o respecto do público e dos grupos, tanto locais como foráneos. Os dez anos festexaranse dalgún xeito. Haberá sorpresa.
 
Fonte: Faro de Vigo

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.